jueves, 15 de julio de 2010

Nova Camiseta Oficial Real Club Celta


Os xogadores da primeira plantilla Borja Oubiña e Dani Abalo, acompañados dos ex xogadores Rodilla e Manolo, estes dóus ultimos xogadores da tempada 1970/71, na que clasificarianse 6º o que daria por primeira vez na historia a posibilidade de xogar en Europa. Os catro foron os encargados de vestirse de curto para lucir as camisetas da nova tempada 2010/11.

O acto estivo presidido pola plana principal da directiva do R.C.Celta, acompañados polo concelleiro de deportes, membros da Agrupación de Veteranos como Gudelj, Ratkovic, Rodolfo o Toni entre outros, e mais personalidades.

O secreto mellor gardado de Li Ning fíxose realidade hoxe, e a verdade houbo opinións para tódolos gustos. A primeira camiseta ten un color celeste moi clariño que a fai moi especial, pero o dourado que acompaña os números e os nomes deu moito de que falar. Xa que non gustou moito entre os asistentes o acto. Eu persoalmente opino igual.

O dourado para as cámaras de televisión penso que vai ser un problema bastante grande, incluso para os siareiros que dende a grada verán con dificultade os nomes dos xogadores. Falouse a posibilidade de modificalo a ultima hora e cambialo polo vermello, non saberemos mais ata o dia da venta oficial.

As medias a raias foron do agrado de todos, incluso falando con Abalo e Oubiña quedaron moi contentos cas camisetas, Borja era remiso as medias pero logo de 10 min de levalas postas xa non as quería sacar, pretendía marchar con elas postas ;).

A equipaxe suplente foi a que gozou de mais aplausos, negra con retoques celestes. Os números e o nome iran en celeste, un triskel no pescozo da parte traseira dálle un carisma tradicional da mitoloxía galega, e mais do pobo dos nosos antergos, os Celtas.

Outro símbolo "celta" acompañara o costado das camisetas, un entrelazado, que na miña opinión queda bastante pequeno, e penso que mais grande ocupando o costado quedaría moito mellor.

Penso que o R.C.Celta quixo darlle un toque especial despois da consulta que fixera con nos, pero sen destacalo moito, explícome. A bandeira galega no sitio do triskel foi denegada, porque según palabras de un membro do club, "somos un equipo español", "e mentres teñan esa filosofía, pois moitos siareiros nos quedaremos cas gañas de ver a nosa camisola ca bandeira da nosa terra. Despois o entrelazado do costado fíxose pequeno, como se non quixeran destacalo moito.

O importante é que aceptaron as nosas propostas e entre o R.C.Celta e Li Ning decidiron usar eses simbolos e esas cores nas camisetas, esperemos agora ao día da saída en venta, para ver definitivamente se o dourado cambia por vermello. E se as medias negras introdúcenlle as franxas celestes, como nas medias da primeira equipaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario