
Balaídos recibirá melloras estéticas e estruturais para a para próxima tempada. O Real Club Celta deseñou, na medida das súas posibilidades, diversas actuacións co obxectivo de mellorar o aspecto e a comodidade do estadio. Entre outras iniciativas, colocarase no frontal exterior de Tribuna unha espectacular lona xigante con fotografías de míticos ex xogadores celestes.
O club realizará un importante esforzo para 'vestir' Balaídos cunha iniciativa que ademais de mellorar a estética do campo servirá para render homenaxe a moitos dos xogadores que marcaron época no Real Club Celta. O frontal exterior da bancada de Tribuna será cuberto na súa totalidade por unha lona xigante, de 1.200 metros cadrados, con fotografías de antigos futbolistas celestes, nun aceno á historia dun club case centenario como o Real Club Celta.
O club acometeu ademais diversas melloras no interior do estadio. Reformáronse diversos baños de varias bancadas e acoutado nun lateral de Río unha zona específica para a afección dos equipos visitantes.
Os soportais do estadio, baixo a bancada de Tribuna recibirían tamén diversas melloras e realizarase unha reforma integral das tendas oficiais, que renovarán por completo a súa imaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario